DIXITALIZA O TEU NEGOCIO
un plan de formación e asesoramento para apoiar ao noso comercio local nas novas formas de venda online
“Dixitaliza o teu negocio” é un plan de formación e asesoramento, impulsado polo Concello de Ponteareas, para apoiar ao noso comercio local no proceso de adaptación ás novas formas de venda online, que consta de dúas fases diferenciadas:
Fase I
Formación específica en materia de dixitalización,
comercio electrónico e uso de redes sociais.
comercio electrónico e uso de redes sociais.
Fase II
Asesoramento individualizado
ás persoas responsables dos negocios.
ás persoas responsables dos negocios.

O Concello de Ponteareas, consciente da necesidade que ten o tecido empresarial, hostaleiro e comercial do municipio de adaptar os seus negocios á nova situación derivada pola COVID-19, pon en marcha a iniciativa ‘Dixitaliza o teu negocio’, con plans de formación e asesoramento individualizado para os comercios de Ponteareas e a planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto.
O obxectivo desta iniciativa levada a cabo pola Concellería de Promoción Económica é desenvolver o potencial que ten todo o tecido empresarial do municipio e axudar na súa adaptación ás novas circunstancias do mercado e aos novos hábitos de consumo, sen perder a esencia do comercio local, de tempada e de proximidade.
Fase I - Formación
A Fase I do programa ‘Dixitaliza o teu negocio’ é un plan de formación destinado ás o aos comerciantes e responsables dos negocios para amosarlles, de xeito práctico e sinxelo, as posibilidades da dixitalización dos seus negocios e do uso comercio electrónico, das redes sociais como plataformas de captación e venda, etc.
A formación estará a cargo de profesionais especialistas que darán a coñecer pautas que sirvan de axuda aos negocios, e analizarán e resolverán cada situación concreta. Para iso, o Concello conta co asesoramento dunha das mellores empresas especialistas no eido da planificación estratéxica empresarial do noso país.
O plan consta de 10 horas de formación cos seguintes cursos e formatos:
10/09/2020 – 20:30h (1 hora), Presencial
Xornada divulgativa: Presentación do plan e primeira captación de negocios.
01/10/2020 – 20:30h (2 horas), Zoom
Curso – Webinar (I): “Comercio electrónico: Cómo comezar a vender na rede – Dixitaliza o teu negocio”.
08/10/2020 – 20:30h (2 horas), Zoom
Curso – Webinar (II): “Comercio electrónico: Cómo comezar a vender na rede – Dixitaliza o teu negocio”.
15/10/2020 – 20:30h (1 hora), Zoom
Curso – Webinar: “Subvencións e axudas para dixitalizar o teu negocio”.
22/10/2020 – 20:30h (2 horas), Zoom
Curso – Webinar: “Ferramentas para dixitalizar o teu negocio”.
29/10/2020 – 20:30h (2 horas), Zoom
Curso – Webinar: “Aprende a vender usando as redes sociais”.
IMPORTANTE
- Todos os cursos terán lugar a través da plataforma en liña Zoom.
- Os cursos están orientados ás persoas responsables dos negocios, xerentes de comercios, autónomos e empresas. Deben ser persoas que poidan tomar decisións de cara ao negocio.
- É imprescindible asistir a todos os cursos de formación (en directo a través da plataforma Zoom) para poder optar a ser unha das empresas ou negocios elixidos para pasar á Fase II de asesoramento individualizado.
- Todos os cursos serán impartidos por profesionales altamente cualificados, con ampla experiencia en xestión de plataformas dixitais, negocios na rede, campañas de publicidade en liña, etc.
- Podes consultar as Bases do Plan Dixitaliza o teu negocio no pé desta páxina.

Fase II - Asesoramento
Na Fase II do programa ‘Dixitaliza o teu negocio’ as e os comerciantes contarán con asesoramento individualizado por parte dunha ou dun consultor profesional, que permitirá o acompañamento dos comercios no seu proceso de adaptación a un contorno dixital.
O asesoramento individualizado ás empresas, terá unha duración total máxima de 90 horas, de xeito que 15 empresas ou comercios dos que fagan o plan de formación da fase I e que soliciten o servizo serán seleccionados por criterios de necesidade, viabilidade, grao de dixitalización do negocio, etc. Así poderán optar a 6 horas de asesoramento individualizado cun profesional especialista que lle axude no proceso de planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto.